Novo taller do Programa Clara: Cociñando saúde: alimentación antiinflamatoria e receitas de benestar.

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza

O Concello da Cañiza, a través do Programa Clara, organiza un novo taller práctico baixo o título Cociñando saúde: alimentación antiinflamatoria e receitas de benestar.

A actividade celebrarase o 30 de setembro ás 17:00 horas na Aula Cemit da Cañiza e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa saúde e benestar a través dunha alimentación equilibrada.

 

Durante o obradoiro, as persoas participantes poderán:
  • Descubrir hábitos que favorecen a prevención de enfermidades.

  • Aprender receitas e combinacións de alimentos con propiedades antiinflamatorias.

  • Coñecer como a dieta pode axudar a aliviar síntomas da menopausa.

  • Mellorar a enerxía e o benestar grazas a unha nutrición saudable.

Trátase dunha oportunidade para adquirir ferramentas prácticas que contribúan a mellorar a calidade de vida a través da cociña e a alimentación.

 

Sobre o Programa Clara

Este curso forma parte das accións do Programa CLARA, presentado o pasado 5 de agosto polos alcaldes da Cañiza e Covelo, como unha iniciativa conxunta para promover a igualdade e previr a violencia de xénero a través dun servizo municipal integral e compartido.

Está dirixido a mulleres, nenas e persoas ao seu cargo, e conta cun equipo multidisciplinar que ofrece de maneira gratuíta:

  • Atención xurídica e psicolóxica.

  • Orientación laboral.

  • Servizos de saúde e benestar.

  • Actividades formativas en igualdade, tecnoloxía e empregabilidade

 

O Programa CLARA está financiado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027, e desenvolvido coa colaboración dos Concellos da Cañiza e Covelo.

Para máis información ou inscricións:
606 118 853 | 687 227 495

Horario

O martes, 30 de setembro, ás 17h no Aula Cemit da Casa de Cultura da Cañiza