o Concello da Cañiza presenta o programa «CLARA»

Data
to
Location
Salón de Plenos da Casa Consistorial. Rúa Oriente, 11- 2º andar
Organiser
Concellos de A Cañiza e de Covelo
Actividades

Este xoves, 13 de xuño, ás 20.30h no Salón de Plenos. Rúa Oriente,11 – 2º andar.

O Alcalde Luis Piña presenta mañá o Programa «Clara». 

Un programa para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero promovido conxuntamente polos Concellos de Covelo e A Cañiza e cofinanciados polo Fondo Social Europeo  e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Ás consultas poderán acudir mulleres así como todas aquelas persoas que dependan delas e comezará o vindeiro xoves, con cita previa.

 

En qué consiste o Programa «CLARA»

  • Asistencia psicolóxica e xurídica gratuita, personalizada, presencial e online, con profesionales especializadas en psicoloxía e dereito con perspectiva de xénero.
  • Impartición de cursos de formación en igualdade e autoestima, imprescindibles para coñecer a historia das mulleres, recoñecer os dereitos e así poder reclamalos.
  • Cursos para fomentar as habilidades e competencias laboráis, personais e profesionais das mulleres, co fin de elaborar itinerarios profesionais e formación en empoderamento, que culminará con visitas a empresas da zona e da Plisan.
  • Ofrecerase, ademáis, unha escola de benestar na que se tratarán temas como a alimentación sanadora, os autocoidados, a concentración, a menopausia…

Todo co fin de mellorar a vida das mulleres e nenas dos dous Concellos

As actividades distribuiranse no tempo ata o 30 de setembro de 2024.

 

Programa Clara de Promoción da Igualdade e prevención da violencia de xénero