O Concello organiza a 3ª excursión de «Cañicenses en Ruta», nesta ocasión a CANTABRIA
- Os días 4, 5 e 6 de xuño con saída dende A Cañiza e visita a algúns dos lugares máis emblemáticos da comunidade cántabra.
- Laredo, Santoña, Parque natural de Cabárceno, cidade de Santander e San Vicente de la Barquera.
O Concello oferta 53 prazas en autobús gran turismo.
O prazo de inscrición ábrese o 20 de maio, ás 10h, nas oficinas da Biblioteca Municipal (Rúa Progreso, 21).
A inscrición será presencial e o máximo permitido de anotación por persoa será de 4 viaxeiros.
O prazo de anotación estará aberto ata o día 27 (incluido), quedando establecido o 28 de maio como o último día para que as persoas inscritas abonen o importe da viaxe na conta do Concello en ABANCA.
Prezo por persoa: 295 €uros nos que están incluídos viaxe en autocar gran turismo con guía acompañante, hotel en réxime de pensión completa (en habitación compartida), seguro de viaxe e entrada ao Parque natural de Cabárceno. Os veciños que desexen unha habitación individual deberán abonar un extra de 30€ por persoa/noite.
No caso de que non se consiga cubrir o mínimo de 45 prazas, a viaxe quedará anulada, polo que as persoas interesadas realizarán unha preinscrición e serán notificadas para efectuar o pago no momento en que se cubran estas prazas
ITINERARIO:
1º DÍA:
- Saída dende A Cañiza á hora acordada cos viaxeiros, dirección Cantabria ata chegada ao hotel, efectuando paradas de descanso.
- Chegada ao hotel, reparto de habitacións e xantar.
- Despois da comida, visita a Santoña, localidade cántabra famosa polas súas anchoas.
- Visita a Laredo, un dos municipios máis turísticos da costa de Cantabria.
- Regreso ao hotel, cea e descanso.
2º DÍA:
- Despois do almorzo saída cara ao Párque natural de Cabárceno, nunha visita guiada de 3 horas de duración, onde se poderá desfrutar dalgunha demostración en vivo (entrada incluida no prezo da excursión).
- Xantar e viaxe de regreso para visitar a cidade de Santander e coñecer o Barrio del Sardinero, un dos máis antigos da cidade. Un lugar para pasear e gozar de fermosos edificios como Banesto, Casa Pombo, Banco Vitalicio, Palacio de Riva-Herrera, o Gran Casino e o Palacio de La Magdalena.
- Regreso ao hotel, cea e descanso.
3º DÍA:
- Tras o almorzo iniciamos o viaxe de volta con parada en San Vicente de la Barquera, cidade atractiva e cun patrimonio monumental de grande interese histórico. Visitaremos a Iglesia Sta. Mª Angeles, Puente de la Maza, Muralla, Castillo del Rey, etc.
- Xantar.
- Continuación da viaxe de volta ata o punto final na Cañiza.