Obradoiro de Biodanza para mulleres "Corpo e Emocións en Movemento" (Programa CLARA)
Programa Clara – Corpo e emocións en movemento
Obradoiro de Biodanza para mulleres
O 5 de agosto presentouse en A Cañiza o Programa CLARA, unha iniciativa conxunta dos Concellos da Cañiza e Covelo para promover a igualdade e previr a violencia de xénero. No acto participaron os Alcaldes Luis Piña e Pablo Castillo, que destacaron a importancia deste proxecto como servizo municipal integral e compartido.
O programa está dirixido a mulleres, nenas e persoas ao seu cargo, e contará cun equipo multidisciplinar de profesionais nas áreas de dereito, psicoloxía, terapias e igualdade.
Desenvolverase nos meses de agosto e setembro, con actividades de saúde e benestar, orientación laboral, formación en igualdade e tecnoloxía, así como atención psicolóxica e xurídica gratuíta.
O obradoiro de Biodanza
Este ciclo de 8 sesións vivenciais emprega a música, o movemento e a expresión corporal para:
- Liberar tensións
- Potenciar a autoestima e a expresión
- Alimentar a rede de apoio entre mulleres
Datas: 22 e 29 de agosto; 5, 12, 19 e 26 de setembro
Hora: 20:15 h
Imparte: María Luisa San Martín
Atención psicolóxica e xurídica gratuíta
? Todos os xoves, de 9:00 a 15:00 h (con cita previa)
? A Cañiza: No Edificio Multiusos ( 1º andar )
? Covelo: Centro de Maceira
? Tel./WhatsApp: 606 118 853 / 687 227 495
Servizo psicolóxico: estrés, ansiedade, autocoidado, orientación familiar, apoio emocional e saúde mental.
Servizo xurídico: asesoramento penal, civil e administrativo; mediación; apoio en casos de violencia de xénero, acoso, discapacidade, extranxeiría, etc.; elaboración de CV por competencias con IA.
Outras actividades do Programa CLARA
- Saúde mental e emocional
- Mindfulness e autocoidado
- Chi kung e movemento psicosomático
- Alimentación antiinflamatoria e centrada na menopausia
- Curso “300 anos de Feminismo”
- Debate “Turbulencias do feminismo”
- Curso básico de Intelixencia Artificial
- Actividades STEM con drons para nenas
- Protocolo contra o acoso nos clubes deportivos
22 e 29 de agosto; 5, 12, 19 e 26 de setembro, ás 20:15h no pasillo/ corredor entre a Casa de Cultura e a Piscina Climatizada.