
- A Cañiza xa está preparada para celebrar a súa 57 Feira do Xamón cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.
- Comezamos o domingo 13 de agosto celebrando o «VIII Obradoiro do Bocadillo de Xamón» no que fabricaremos un gran bocadillo de 20 metros de longo.
- Un ano máis cortaremos un xamón da Cañiza e fabricaremos unha barra de pan xigante dunha soa peza. E de sobremesa, unha rosca doce xigante.
Para ir preparando o padal antes da Feira que celebraremos o 15 de agosto, o domingo 13, na rúa Oriente, o Concello organiza o VIII Obradoiro do Bocadillo de Xamón coa colaboración do xamoneiro Víctor Burgos.
A partires das 18h poñerase en marcha a fabricación do Bocadillo xigante de xamón, onde se tentará superar os 20 metros de barra de pan do pasado ano.
Víctor Burgos, profesional do corte de xamón e Director do Concurso de Cortadores que se celebrará na Carballeira do Cacharado o propio 15 de agosto, será de novo o responsable de cortar un xamón enteiro nun só lisco, sen desprenderse, tentando superar os 26 metros do ano pasado.
Xamón que irá parar á barra quente que se enfornará en público e darase a degustar a todos os asistentes.
Domingo, 13 de agosto, a partires das 18h na Rúa Oriente, diante da Casa Consistorial.
Obradoiro de Pan para os máis pequenos
Ao mesmo tempo os máis pequenos da casa, poderán gozar co «Obradoiro de Pan» que tamén se abrirá á mesma hora e no mesmo emprazamento.
Aprenderemos a elaborar a masa, darlle as formas máis curiosas e enfornar o pan.
Unha actividade gratuíta para todos.
Esperámosvos!!!



