Obradoiro de pan e de preparación do «Bocata de xamón xigante» para toda a familia

Data
to
Location
Rúa Oriente. Casa do Concello
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades
  • A Cañiza xa está preparada para celebrar a súa 58 Feira do Xamón cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.
  • Comezamos o martes 13 de agosto celebrando o «IX Obradoiro do bocata de xamón» no que tentaremos fabricar un gran bocadillo de 20 metros de longo.
  • Un ano máis cortaremos un xamón da Cañiza e fabricaremos unha barra de pan xigante dunha soa peza. E de sobremesa, unha rosca doce xigante.

A partires das 18h e para ir preparando o padal antes da Feira que celebraremos o 15 de agosto, o martes 13, na rúa Oriente, o Concello organiza o IX Obradoiro do bocata de xamón coa colaboración do xamoneiro Víctor Burgos. Este gran profesional do corte de xamón e Director do Concurso de Cortadores que se celebrará na Carballeira do Cacharado o propio 15 de agosto, será de novo o responsable de cortar un xamón enteiro nun só lisco, sen desprenderse, tentando superar os 26 metros do ano pasado.

Xamón que irá parar á barra quente que se enfornará en público e darase a degustar a todos os asistentes.

 

Horario

Martes, 13 de agosto, a partires das 18h na Rúa Oriente, diante da Casa Consistorial.

Obradoiro de Pan para os máis pequenos

Ao mesmo tempo os máis pequenos da casa, poderán gozar co «Obradoiro de Pan» que tamén se abrirá á mesma hora e no mesmo emprazamento.

Aprenderemos a elaborar a masa, darlle as formas máis curiosas e enfornar o pan.

Unha actividade  gratuíta para todos.

Esperámosvos!!!

Obradoiro de Pan e bocata xigante de xamon diante da Casa do Concello este 13 de agosto

 

Obradoiro de Pan e bocata xigante de xamon diante da Casa do Concello este 13 de agosto

 

Obradoiro de Pan e bocata xigante de xamon diante da Casa do Concello este 13 de agosto

 

O Alcalde Luis Piña co medidor do bocata