Papanoelada Moteira na Cañiza
Programación de Nadal 2025 – Concello da Cañiza
O domingo 21 de decembro, ás 16:30h, a Cañiza acollerá unha nova edición da tradicional Papanoelada Moteira, organizada polo Club Tumbada “As 4”, coa colaboración do Concello da Cañiza.
Concentración e saída dende a Praza Maior da Cañiza.
Este evento, incluído dentro da Programación de Nadal 2025 do Concello da Cañiza, contará coa participación de moteiros e moteiras caracterizados como Papá Noel, que percorrerán as rúas da vila levando o espírito do Nadal a todos os recunchos. Durante o percorrido repartirán caramelos ás nenas e nenos, así como aos veciños e veciñas, creando un ambiente festivo e familiar.
Organizada polo Club Tumbada “As 4”, coa colaboración do Concello da Cañiza.
Desde o Concello convidamos a toda a veciñanza a participar desta actividade!
Domingo 21 de decembro de 2025, a partires das 16:30, con saída dende a Praza Maior da Cañiza.