Presentacion do libro de Judit Baltasar "La fuerza de un alma rota", dentro do Programa «CLARA»

Data
to
Location
Salón de PLenos do Concello de A Caniza
Organiser
Concellos de A Caniza e de Covelo

Os Alcaldes da Caniza e Covelo presentan unha nova actividade do Programa CLARA para romper o silencio arredor da violencia contra as mulleres

· Judit Baltasar compartirá a súa experiencia como vítima de violencia de xénero e presentará o seu libro «La fuerza de un alma rota» nun encontro aberto ao público o 28 de setembro na Caniza

Os concellos da Caniza e Covelo continúan desenvolvendo o Programa CLARA para mulleres da Caniza e Covelo, unha iniciativa conxunta de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, e presentan unha nova actividade destinada á sensibilización e á creación de espazos de reflexión arredor da violencia contra as mulleres.

A presentación desta nova proposta contará coa presenza dos Alcaldes da Caniza, Luis Piña, e de Covelo, Pablo Castillo, así como de concelleiros e concelleiras das dúas corporacións municipais.

Baixo o título “Voces que rompen o silencio da violencia contra as mulleres”, a actividade terá lugar o luns 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello da Caniza e contará coa participación de Judit Baltasar, que compartirá co público a súa experiencia persoal como vítima de violencia de xénero e presentará o seu libro La fuerza de un alma rota.

O encontro pretende contribuír a visibilizar as situacións de violencia contra as mulleres, favorecer a sensibilización social e poñer voz a experiencias que durante moito tempo permaneceron ocultas ou silenciadas. A través do testemuño persoal de Judit Baltasar, a actividade busca tamén abrir un espazo de diálogo e reflexión sobre a importancia de detectar, previr e combater a violencia de xénero.

Luis Piña e Pablo Castillo destacan que esta actividade se incorpora ao traballo que ambos concellos veñen realizando a través do Programa CLARA, que este ano alcanza a súa terceira edición e que nace da colaboración entre ambas administracións locais para ofrecer ás mulleres un servizo próximo, gratuíto e especializado.

O Programa CLARA está dirixido ás mulleres da Caniza e Covelo e ás persoas que dependan delas, e ofrece atención especializada xurídica e psicolóxica de maneira totalmente gratuíta e con todas as garantías de privacidade.

O servizo conta cun equipo multidisciplinar e inclúe atención psicolóxica, asesoramento xurídico, orientación laboral, actividades relacionadas coa saúde e o benestar e diferentes accións formativas e de sensibilización en materia de igualdade.

Entre as actividades previstas atópanse obradoiros destinados a reducir a fenda tecnolóxica, iniciativas sobre alimentación e xénero, charlas e debates sobre igualdade, brecha salarial e teito de cristal, actividades para repensar os coidados e promover o autocoidado, así como a proposta “Impulsando o teu futuro”, destinada a mulleres en situación de desemprego ou que queiran mellorar ou cambiar a súa situación laboral.

Ademáis o programa ofrece atención xurídica e psicolóxica ás mulleres que poden acceder a este servizo todos os xoves pola mañá, con cita previa, nos seguintes puntos:

  • A Caniza: Edificio Multiusos, primeiro andar.
  • Covelo: Centro de Maceira.

Para solicitar cita, obter información sobre o programa ou participar nas actividades, pódese contactar a través dos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 / 687 227 495.

O programa está financiado cunha axuda de 16.720 euros, concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Os Alcaldes animan ás mulleres da Caniza e Covelo a coñecer os recursos dispoñibles e a participar nas diferentes actividades do Programa CLARA, que busca fortalecer a autonomía, a igualdade de oportunidades e o benestar das mulleres, así como contribuír á prevención e erradicación da violencia de xénero.

Horario

O Luns, 28 de setembro de 2026, ás 20h no Salón de Plenos do Concello

Gymkana Tecno para achegar a infancia á tecnoloxía dende a igualdade