Presentación do Libro "Entre Mares" de María Gil Molinos
María Gil Molinos - Exresidente na Cañiza - presenta este venres 21 de novembro, o libro "Entre mares"
salón de Plenos do Concello da Cañiza 20:15Hh.
Na súa primeira novela, "Entre mares" (Platero Editorial, 2025), María tece unha historia de amor con personaxes intrigantes, convidando ao lector a reflexionar sobre a procura da autenticidade e a coraxe de ser un mesmo.
SINOPSE
«Mariela, unha executiva triunfadora e soñadora a partes iguais, emprende unha viaxe emocional intensa, arrolladora e por momentos devastadora, na que o mar da salvaxe costa Ártabra se converte no seu confidente. Nela explorará o amor, a traizón, a propia identidade e o desexo de atopar o seu lugar no mundo. A través dunha prosa envolvente e dunha ambientación que invita a perderse nas paisaxes do norte de Galicia e nas emocións máis profundas, Entre mares é unha novela sobre o valor de arriscar, a profundidade e complexidade do amor e da propia vida. María ofrécenos unha mensaxe que resoa no corazón e que deixará pegada en quen se atreva a navegar polas súas páxinas.»
Entrada libre!
Venres, 21 de novembro , ás 20:15h