Presentación do libro « GUÍAS MÁGICAS DE O CONDADO Y A PARADANTA» do autor Santiago Pazín
Actividades
O 30 de maio temos o pracer de presentar as obras Guías Máxicas do Condado e da Paradanta do autor Santiago Pazín.
Investigador, escritor, locutor e fundador da "Agrupación Galicia Rutas Mágicas", entidade creada no ano 1984.
Pazín tamén é o promotor de "Turismo Mágico - Cultural" e director de "Encontros na Medianoite" en Radionove.
Nesta conferencia que acollerá o Salón de Plenos este venres, poderemos coñecer máis polo miudo o contido do libro, da man do seu autor: petroglifos, santuarios, capelas, castros, celtas, druidas, romarías santos e milagres e mitos, lendas, arquitectura sagrada, templarios e outros enigmas....
Entrada libre!
Horario
Venres, 30 de maio de 2025, ás 20:30h, no Salón de Plenos do Concello da Cañiza