Presentación do libro "Historia da Vila das Achas" editado polas veciñas e veciños da parroquia das Achas
Actividades
Mañá 20 de xaneiro, coincidindo coa celebración da festividade de San Sebastián, Patrono da parroquia das Achas, o Concello e a Asociación de Veciños das Achas, presentan o libro "Historia da Vila das Achas".
Unha obra das veciñas e veciños desta parroquia que se presentará no Centro Cultural do Coto Sobreiro a partires das 18.30h nunha sesión aberta para todos.
Horario
Ás 18.30h, no Centro Cultural do Coto Sobreiro