PRESENTACIÓN DO LIBRO “La nostalgia de Paulo”

Data
to
Location
Salón de Plenos do Concello da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Este venres 10 de outubro ás 20.30 h, no Salón de Plenos do Concello da Cañiza, José Victorio Moure Rivera presenta a súa nova obra: “La nostalgia de Paulo”, unha emotiva homenaxe aos emigrantes galegos do século XX.

O libro conta a historia de Paulo, un veciño do lugar da Igrexa (parroquia de Oroso) que con só 18 anos emigrou a Brasil.

Todo comeza cunha conversa entre amigos na feira do gando do Cacharado, onde os emigrantes lembran os seus logros lonxe da terra.

Paulo, que ao chegar pasou a chamarse así, tivo que superar moitas dificultades, desde o idioma ata a adaptación a unha nova vida. Grazas á súa forza, á sorte e á axuda doutros, conseguiu ascender ata converterse en xerente do Hotel “Copa Cabana” de Río de Janeiro.

 

Horario

Lugar: Salón de Plenos do Concello da Cañiza (Rúa Oriente, 11)
Hora: 20.30 h
Entrada libre