Presentamos o programa de actividades para conmemorar o día das «LETRAS GALEGAS 2025», adicado este ano ás "Cantareiras"
Actividades
Cine, música, espectáculo músical e concursos literarios, para conmemorar as Letras galegas 2025, adicadas este ano ás Cantareiras. Un recoñecemento da Real Academia Galega á importancia da poesía popular oral que leva acompañando á nosa sociedade desde sempre.
Aquí deixamos o cartel das actividades programadas polo Concello da Cañiza para este mes de maio.
Unha programación que comeza este sábado 10 de maio, ás 20:30h, coa proxección da película «+ CUÑADOS: un entroido criminal», no auditorio da Casa de Cultura da Cañiza con entrada libre.
Horario
Do 10 ao 31 de maio de 2025