Proxección da película sobre a figura de Castelao "Antes de Nós"

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Cine

O Concello continúa coa súa programación especial con motivo das Letras Galegas 2026 cunha proposta cultural que pon en valor o audiovisual na nosa lingua.

O sábado 16 de maio, ás 20:30 horas, o Auditorio da Casa da Cultura acollerá a proxección do filme Antes de nós, unha obra dirixida por Ángeles Huerta que afonda na figura de Castelao, unha das personalidades máis relevantes da cultura e da historia de Galicia.

A película, protagonizada por Xoán Fórneas e Cris Iglesias, propón unha viaxe íntima e emocional ao universo persoal e creativo de Castelao, ofrecendo unha mirada diferente e humana sobre o seu legado.

Esta actividade enmárcase dentro do ciclo “Cine en galego”, impulsado polo Concello co obxectivo de promover o uso e a difusión da lingua galega a través da cultura, así como de achegar ao público obras audiovisuais de calidade feitas en Galicia.

Dende o Concello convídase a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta cita cultural, pensada para gozar do cine e, ao mesmo tempo, celebrar e reivindicar a riqueza da nosa lingua e identidade.

Horario

Sábado 16 de maio de 2026, ás 20:30h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza