Representación da obra de teatro «A Cabaza Encantada»
Teatro
No Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Continuamos coa programación de outono e este domingo ofrecemos o espectáculo infantil: A Cabaza encantada, a cargo da Compañía Teatro Calavera.
Un conto teatralizado con obradoiro de cociña.
Os nosos protagonistas, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, viven unha nova aventura para rir de medo. Un día Antón plantou unha semente nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou con paciencia e co tempo medrou...unha cabaza!
Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar.
Entrada Gratuíta!