Ruta nocturna en bici «CAMIÑO DAS ESTRELAS»
O Concello da Cañiza convídate a participar nesta ruta programada para todas as idades co obxectivo de desfrutar da bici.
Un paseo familiar sen ningunha dificultade pensada para que poidan participar nen@s, moz@s, adultos e os maiores.
So é obrigatorio traer casco e petos. O Concello repartirá augas e chocolatinas.
A ruta ten un percorrido de 8 km. aproximadamente con saída dende a Casa Consistorial. Dende aquí achegámonos á Praza Maior pola rúa do Carme e dende a Praza saímos cara a Leboriz pola rúa Progreso. Á altura dos talleres collemos polo barrio de Leboriz, pasando polo Centro da ESO e volvemos ata a rúa Progreso, á Praza Maior e ao Concello (para que os máis pequenos se o desexan poidan rematar o percorrido).
Novamente dende a Casa Consistorial subimos pola rúa Vilanova, Carballeira do Cacharado, rotonda do Santísimo Cristo e tomamos dirección á rúa Alvaro Cunqueiro e A Fraga e dende alí nos diriximos á circunvalación que sae na estrada de Frieira (Escola Infantil Municipal) para volver pola rúa Vilanova de novo ata o Concello.
Un percorrido sinxelo para que todos poidades participar.
A partires das 23.00h.
SAÍDA dende a Casa Consistorial na rúa Oriente, 11.