SAMAÍN 2025 NA CAÑIZA
Actividades
Este venres 31 de outubro, ás 18:00 h, temos unha cita no Auditorio Municipal para celebrar o Samaín dun xeito moi especial.
Proxectaremos a película de animación infantil “Feliz Halloween, Scooby-Doo!”, unha aventura chea de sustos, risas e moita diversión para toda a familia.
E despois… Un chocolate quentiño para todas e todos os asistentes!
Anímate a vir co teu disfraz máis terrorífico e pasa unha tarde de medo coa mellor compañía.
Entrada de balde
Horario
Este venres 31 de outubro, ás 18:00 h, no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza