SARDIÑADA. Xantar popular con sardiñas e churrasco de vitela da Paradanta
O domingo 24 de agosto, pechamos as celebracións da Feira do Xamón, coa tradicional SARDIÑADA na Carballeira do Cacharado.
Aberto o prazo para reservar mesa ata o venres 22 de agosto. Os interesados poden inscribirse na Biblioteca Municipal en horario de 08.30h a 14h, chamando ao número 986 66 30 69,
Dende o mediodía comezarán a venderse e despacharse as racións de sardiñas así como de churrasco de vitela da Paradanta.
A xornada estará amenizada con música tradicional a cargo da charanga "VAITE XA" e do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural "Os Furafollas" de Oroso.
E a partires das 17h FESTA DA ESCUMA e inchables para os máis pequenos.
Ven a disfrutar con nós dunha nova xornada de festa!.
Domingo, 24 de agosto de 2025, pola mañá na Carballeira do Cacharado