Teatro coa representación da obra «MAXIA»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Teatro

O Concello da Cañiza comeza a súa programación de outono co espectáculo de maxia:  4500 anos da incrible historia da maxia,  da Compañía do Mago Teto.

Con este espectáculo pretendemos espertar o interese pola arte da maxia na xente, e nas persoas que xa son afeccionadas á maxia, achegalos á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo.

As fantásticas e sorprendentes historias da maxia, irán acompañadas, ás veces, coa realización de xogos de magos doutros tempos, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo de maxia.

Entrada Gratuíta!