Unha proposta teatral sorprendente con Marián Bañobre, baixo a dirección de Patricia Rodríguez.
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta:
É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos?
Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións, e grazas á súa contextualización dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
Premios María Casares:
- Mellor Maquillaxe
- Mellor Espazo Sonoro
Data: Sábado, 30 de agosto de 2025
Hora: 21:30 h
Lugar: Auditorio da Casa da Cultura de A Cañiza
Ficha artística
- Dirección: Patricia Rodríguez
- Interpretación: Marián Bañobre
- Creación e dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
- Axudantía de dirección e coreografías: Carmela Bueno
- Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
- Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
- Deseño e realización de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje
- Deseño de vestiario: Marián Bañobre
- Realización de vestiario: Bety Busto e Marián Bañobre
- Caracterización: Baia Fernández
- Asesora de canto: María Costas
- Asesora de dramaturxia: Laura Porto
- Asesora de xénero: Ana Cardoso
- Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
- Produción: Santiago Cortegoso
- Comunicación: Fátima R. Varela
- Técnica en xira: Violeta Martínez e Héctor Pazos
- Distribución: Kandengue Arts
Este espectáculo forma parte da programación do Verán de Lecer 2025 organizada polo Concello da Cañiza.
O sábado 30 de agosto de 2025, ás 21:30h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza