TEATRO FAMILIAR coa representación da obra “Os ourizos, o musical” da compañía Barafunda
TEATRO FAMILIAR
Domingo, 19 de outubro de 2025
Ás 17:00 h
Auditorio da Casa de Cultura
O Concello da Cañiza continúa coa súa programación do Ciclo de Outono Teatral cun novo espectáculo dirixido a toda a familia:
“Os ourizos, o musical”
da Compañía Barafunda, dentro do programa Ler Conta Moito.
Sinopse
“Os ourizos, o musical” é unha obra de teatro musical de monicreques dirixida a público infantil e familiar.
A peza aborda temas como a inclusión, a integración, a amizade e o compañeirismo, todo isto acompañado de referencias á cultura galega, ás paisaxes e ao ecoloxismo.
A súa música, composta e gravada especialmente para o espectáculo, combina rock, pop e rap, ofrecendo unha experiencia dinámica e divertida para a rapazada.
Unha representación que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Entrada gratuíta!
O domingo, 19 de outubro de 2025, ás 17h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza