TEATRO FAMILIAR: Punto en Boca - Entre fíos anda o lío

Data
to
Location
Praza Maior da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Teatro

20 de agosto · 22:00h · Praza Maior (A Cañiza)
Actividade enmarcada na programación do Verán Cultural 2025 da Cañiza


Sobre o espectáculo

De Raquel Crespo, en coprodución co Centro Dramático Galego.

Este espectáculo é o resultado do proxecto Punto en Boca, recoñecido co VI Premio Luísa Villalta 2024 para proxectos pola igualdade.

Da man da súa creadora, Raquel G. Crespo, a obra propón unha reflexión sobre o valor dos oficios tradicionais e sobre o papel das mulleres no ámbito téxtil, empregando o teatro como ferramenta para divulgar e reivindicar estas profesións.

Trátase dun espectáculo de carácter familiar protagonizado por unha muller, metade actriz, metade costureira, que percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é, ao mesmo tempo, escenario e obradoiro. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Ao seu carón, unha araña discreta, incansable, tecedora de silencios.


Equipo artístico

  • Creación e interpretación: Raquel Crespo

  • Dramaturxia: Susana Crespo

  • Música: Xosé Lois Romero


Ademais do apoio do Centro Dramático Galego a través do seu programa de coproducións, Punto en Boca: Entre fíos anda o lío conta coa colaboración da compañía El Ruiseñor e do Concello de Culleredo.

 

Horario

20 de agosto · 22:00h · Praza Maior (A Cañiza)