Teatro - Mostra do Grupo de Teatro de Adultos da Cañiza
A Compañía de Teatro da Cañiza “Alecrín” presenta a súa mostra teatral para adultos, unha cita na que o público poderá gozar dunha divertida e variada posta en escena.
Este espectáculo é o resultado do intenso traballo desenvolvido polo grupo ao longo de todo o curso 2024-2025, no que as e os participantes tiveron a oportunidade de mellorar e afondar en diferentes técnicas teatrais: expresión corporal, proxección e colocación da voz, improvisación, creación de personaxes e interpretación escénica. Un proceso de aprendizaxe que se reflicte na calidade e creatividade das representacións que veremos sobre o escenario.
A mostra é tamén unha ocasión para recoñecer o esforzo, a paixón e o compromiso deste grupo de persoas que, semana tras semana, investiron tempo e ilusión para seguir medrando no mundo do teatro.
Esta actividade enmárcase dentro da programación do Verán Cultural de A Cañiza 2025, ofrecendo unha oportunidade perfecta para apoiar o talento local e vivir unha noite de teatro na nosa vila.
O martes, 19 de agosto de 2025, ás 21:00h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza