TEATRO: representación da comedia neurótico-festiva "Neura"

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Teatro

O sábado 23 de agosto de 2025, ás 21:30 h, o Auditorio Municipal da Cañiza acollerá a representación da obra “Neura”, unha comedia de Ste Xeito Produccións que mestura humor e reflexión arredor da saúde mental.

“Neura” é unha comedia que aborda o tema da saúde mental. Os protagonistas conviven coas súas manías e coas alleas: ás veces escóndenas, noutras ocasións exhíbenas con orgullo; poden intentalas tratar, tolerar ou simplemente sufrir con elas.

Non é unha comedia romántica. Edu e Sonia xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor, truncada precisamente por esas pequenas neuras. Non son amigos, nin amantes: son “ex”, esa categoría difusa na que sabemos todo do outro, pero tratámolo coma un perfecto descoñecido.

O azar fará que se reencontren en distintas circunstancias, obrigándoos de novo a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras.

Duración: 1 h 15 min
Idade recomendada: a partir de 12 anos
Data: sábado 23 de agosto de 2025
Hora: 21:30 h
Lugar: Auditorio Municipal da Cañiza
Entrada de balde


Equipo artístico e técnico

  • Dirección e dramaturxia: Manuel Pombal
  • Elenco: Sergio Macías e Stephy Llaryora
  • Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso
  • Deseño de iluminación e técnico en xira: Jorge Ramos
  • Axudante de produción: Anxo Fernández
  • Asesoramento: María Teresa González Mallo
  • Vídeo: Deica Audiovisual
  • Fotografía: Serxo Photo
  • Exposición: MJ DC TerraSabi Atelier Creation
  • Produción: De Ste Xeito, Stephy Llaryora, Steve Domínguez e Sergio Macías

Unha cita imperdible dentro do Verán de Lecer 2025 da Cañiza, co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello da Cañiza.

Horario

O sábado 23 de agosto de 2025, ás 21:30h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza