Teatro: Representación da obra «Cabaré Climático» da compañía VasRir

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Teatro

O Concello da Caniza continúa coa a súa programación de “Teatro de outono” coa  comedia dirixida a público adulto: Cabaré Climático,  da “Compañía de Teatro VasRir”

Sipnose:

Ambientada no ano 2075, a obra propón, en clave de humor, unha crítica social sobre a INTELIXENCIA ARTIFICAL e o CAMBIO CLIMÁTICO e os seus efectos absurdos nas persoas a través dunha serie de sketches acompañados de cancións adaptadas á historia. O humor, a sátira e a música poñen en evidencia como o individualismo extremo e a desconexión social contribúen á incapacidade da humanidade para afrontar a crise climática.

 

O primeiro sketch presenta unha parodia da telenovela latina tradicional, onde os personaxes, esaxeradamente dramáticos, só se aman a si mesmos. As discusións desenvólvense a través de cancións que reforzan o ego e evidencian a falta de empatía colectiva.

No segundo sketch móstrase cómo a obsesión polas redes sociais,levaron ás persoas a ser incapaces de amar ou escoitar ao outro. Este illamento emocional acada o seu punto máis absurdo cando algúns personaxes deciden casar consigo mesmos, simbolizando o individualismo levado ao extremo.

En medio do caos, aparecen situacións surrealistas como un meteorólogo que canta o parte do tempo ou a irrupción de supostos novos salvadores do mundo que aseguran ser o Novo Xesús e a nova Virxe María.

Estas escenas xeran momentos cómicos e reflexivos que cuestionan a espera de solucións milagrosas fronte a un problema provocado pola propia humanidade: o cambio climático.

A obra convida ao público a reflexionar sobre a urxencia de recuperar a conciencia social, a empatía e o compromiso co planeta, concluíndo cunha mensaxe de esperanza: aínda é posible frear esta situación se todos achegamos o noso pequeno gran de area. 

Equipo artístico:

Luis Iglesia: actor e cantante

Paty Lesta: actriz e cantante

Cristian Leggiero: Música en directo de piano e efectos sonoros

 

Entrada Gratuíta!

Horario

O sábado 21 de novembro de 2026, ás 20:30h no auditorio da Casa de Cultura da Caniza