Teatro: representación da obra "LATEXOS" da Compañía K´Paparota Teatro
O Concello continúa coa súa programación de “Teatro de outono” co espectáculo familiar: Latexos, da Compañía K´Paparota Teatro
Sipnose:
K’Paparota Teatro presenta por primeira vez no circuíto “FalaRedes” o seu espectáculo Latexos, unha proposta encantadora deseñada para o goce de toda a familia, especialmente nenos e nenas a partir de tres anos.
Protagonizada por Patricia Cameán, esta montaxe chea de humor invita aos máis pequenos a mergullarse no fascinante mundo das lendas galegas. A través de inxeniosos obxectos cotiáns e entrañables títeres, a obra tece un relato máxico que capturará a imaxinación da audiencia.
Prepárense para unha viaxe chea de fantasía onde, se logran seguir o rastro sen perderse, poderán axudar a atopar os fantáticos poliños de ouro. Unha experiencia teatral única que combina tradición, divertimento e a maxia do folclore galego.
Entrada Gratuíta!
O domingo 18 de outubro, ás 17:30 h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza