Sinopse
Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un Mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés- Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O Mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.
No edificio viven moitos veciños. No balcón sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, a quen deixou a súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda un moa que caeu na súa sopa tailandesa.
Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer durante o inverno. Ela acepta e obrígaa primeiro a traballar de balde, despois á prostitución que a Cigarra soporta ata que unha formiga vella (o avó) lle arranca unha antena e despois é gravemente ferida por unha formiga nova (o noivo). O mozo chinés morre desangrado na cociña do Dragón de Ouro. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva a súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño. Inga, unha das azafatas, tira tamén a moa ao río.
AUTOR:
ROLAND SCHIMMELPFENNING
TRADUCIÓN:
CATUXA LÓPEZ PATO
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN:
ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
ELENCO:
FINA CALLEJA
FERNANDO DACOSTA
SABELA GAGO
FERNANDO GONZÁLEZ
FRAN LAREU
Sábado 24 de agosto de 2024, ás 21.30h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza