Teatro. Representación da obra «Retrincos de Castelao»  da Compañía de Teatro  “Artefeito S. Coop. Galega”.

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Teatro

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono co espectáculo:  Retrincos de Castelao  da Compañía de Teatro  “Artefeito S. Coop. Galega”.

Artefeito presenta a Isabel Risco e Fran Rei en “Retrincos de Castelao”, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da historia de Galicia.

A través dos seus textos e coa la dirección de Diego Rey, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegando ao espectador á súa inxeniosa e fascinante forma de ver a Galicia do seu tempo.

Ofrece o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.

A través dun ollo de cristal que dá nova forma ao que se ve, o público poderá presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra.

Grazas a ese ollo, será capaz de comprender realmente a historia e o presente.

Entrada Gratuíta!

Horario

O sábado 15 de novembro, ás 20:30h na Casa de Cultura da Cañiza