VII Torneo de Fútbol 7 do Club de Fútbol Cañiza

Data
to
Location
Campo de Fútbol de Augas Férreas
Organiser
Club de Fútbol Cañiza
Actividades

O Concello da Caniza presenta o VII Torneo de Fútbol 7, unha das citas deportivas incluídas na programación do Verán de Lecer 2026, que se celebrará os días 3 e 4 de xullo e reunirá equipos das categorías masculina e feminina.

O torneo desenvolverase ao longo de dúas xornadas de competición e convivencia, ofrecendo ás persoas participantes e ao público unha completa programación que inclúe cantina, trofeos, sorteos e unha zona de acampada gratuíta, creando un espazo de encontro para deportistas e afeccionados.

A inscrición terá un custo de 3 euros por xogador/a, e as persoas interesadas poderán obter máis información a través dos teléfonos 679 81 41 40 e 655 64 36 55.

O Concello da Caniza continúa impulsando actividades nas que o deporte ocupe un papel destacado como ferramenta para promover hábitos de vida saudables, participación cidadá e  dinamización social durante os meses de verán.

Horario

os días 3 e 4 de xullo de 2026 no Campo de Fútbol de Augas Férreas