Xornada informativa da Asociación Solidariedade Intergeneracional para tratar sobre os seus programas para os maiores
Actividades
Como xa anunciou o Concello na sinatura dun Convenio de Colaboración entre as dúas entidades, a Asociación Solidariedade Intergeneracional pon en marcha actividades de cara a mellorar a calidade de vida das persoas maiores con asesoramento, formación para un envellecemento activo e información sobre servizos domiciliarios para persoas dependentes.
Os programas da Asociación consisten:
- realización de talleres grupais
- atención individualizada
- servizo de atención psicolóxica e social
- acompañamento / asesoramento para persoas maiores
Poden participar todas as veciñas e veciños maiores de 55 anos, persoas dependentes e os seus familiares.
Para ampliar a información sobre este novo programa, que estará activo durante os meses se agosto, setembro e outubro, non dubides en asistir a esta xuntanza.
Horario
O venres, 19 de xullo, ás 12 da mañá no Salón de Plenos do Concello