Abrimos o prazo para solicitar composteiros: a partires do luns 16 de decembro
O Alcalde anunciou esta mañá que o vindeiro luns, 16 de decembro, ábrese o prazo para que @s veciñ@s interesad@s poidan solicitar a concesión dun composteiro doméstico para a reciclaxe de residuos orgánicos.
O Concello entregará un total de 125 unidades destinadas a vivendas unifamiliares.
Para solicitar unha unidade tendes que chamar a partires das 10.00h, do vindeiro luns 16 de decembro, á biblioteca municipal ( 986 66 30 69) .
Os vosos datos serán recollidos polo persoal da biblioteca e pasarán a unha listaxe .
Os 125 veciñ@s seleccionad@s serán convocados para o seguinte luns, 23 de decembro, ás 18h no Salón de Plenos da Casa Consistorial para manter unha reunión informativa, onde se explicará a montaxe e funcionamento dos composteiros e se fará entrega dos mesmos.
Estas 125 unidades súmanse ás 130 xa entregadas entre os anos 2022 e 2023.
A campaña de compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello #acañizacoidadaesostible conta coa colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e está financiada pola Unión Europea, a través dos fondos -NextGenerationEU-