
Dende a Corporación Municipal, en nome de todas as veciñas e veciños da Cañiza e no meu propio, lamentamos sinceiramente o falecemento do noso benquerido veciño JOSÉ CASTRO, ao tempo que trasladamos as nosas máis emotivas condolencias a toda a súa familia.
Queremos expresar tamén o noso agradecemento a este gran profesional e mellor persoa, veciño e cidadá, quen durante toda a súa vida ensalzou con orgullo á vila que o viu nacer: A Cañiza.
Sabemos o profundo amor e lealdade que, de sempre, profesou pola nosa e a súa localidade.
Por todo iso, queremos darlle as grazas, extensibles tamén á súa familia e reiterar o profundo pesar que sentimos TODOS polo seu falecemento.
Descanse en paz.
O Alcalde en funcións do Concello da Cañiza
Luis Antonio Gómez Piña.