- O Alcalde Luis Piña asinou esta cooperación xunto coa Presidenta da Asociación, Ana Isabel Esteban Martínez, para desenvolver actuacións que axuden a mellorar os hábitos de vida dos veciños da Cañiza, con especial atención a aqueles colectivos que se atopan en situación de maior vulnerabilidade e fraxilidade.
A sinatura deste Convenio permitirá a posta en marcha de variadas intervencións e cursos que permitan ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade e aos seus familiares, conseguir información dos recursos que teñen ao seu alcance.
Tamén desarrollar actividades de prevención da dependencia, promoción da autonomía persoal e de envellecemento activo e tentar tecer redes de solidariedade veciñal contra a soidade, crear entornos amigables, casas accesibles e servizos de proximidade. Ademáis desenvolveranse talleres para axudar aos nosos maiores e a persoas con discapacidade a entender mellor o uso dos móbiles e as novas Tics.
O Concello prestará gratuitamente os centros culturais tanto do núcleo urbano como das parroquias á Asociación para que poidan impartir este Servizo que estará activo durante os meses de agosto, setembro e outubro de 2024.
O vindeiro venres 19 de xullo, ás 12 da mañá, celebraremos unha primeira reunión no Salón de Plenos do Concello na que a Asociación explicará máis polo miudo, a todas as persoas que estén interesadas en asistir, os contidos do Programa.
Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña “nesta primeira xuntanza de aproximación ao programa, gustaríanos contar coa participación das veciñas e veciños, aportando ideas, suxerencias e experiencias para poder adaptalas ás actuacións programadas. Ademáis sería interesante poder crear grupos nas parroquias xa que deste xeito os talleres e obradoiros impartiríanse nos centros culturais parroquiais, evitando os desprazamentos ata o centro da Cañiza”.