Asistimos á apertura do curso de carretilla elevadora celebrado este venres 9 de maio.

O Alcalde Luis Piña deu a benvida aos alumnos deste novo curso de manexo seguro de carretilla elevadora frontal, organizado polo Concello, a Asociación Empresarial de Transporte de Mercancías por carretera de Galicia (APETAMCOR) e a Asociación Galega de Transportes (FEGATRANS), subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Un curso gratuíto, cunha alta demanda de participación, que se celebrou o pasado 9 de maio en horario de 8:00 a 16:00h nas aulas do Edificio Multiusos, instalación na que se impartiron as unidades didácticas da parte teórica e no parque de maquinaria municipal onde se desenvolveron as prácticas.

Ao remate do curso, os alumnos recibiron o diploma que acredita a asistencia a esta formación que lles permitiu adquirir as competencias e habilidades necesarias para a correcta conducción e manexo deste tipo de carretillas elevadoras, con control de cargas total e seguridade na tarefa.

O programa formativo incluíu teoría sobre a definición de carretillas elevadoras, tipos, compoñentes de seguridade, principais riscos e medidas preventivas, procedementos de traballo con cargas e normas de circulación con carretillas elevadoras.

O Alcalde felicitou aos alumnos por terse implicado nesta nova oferta formativa e agradeceu ao profesorado e ás asociacións organizadoras por contar coa Cañiza para a impartición deste novo curso.

 

Asistimos á apertura do curso de carretilla elevadora celebrado este venres 9 de maio.