Asistimos á videoconferencia de Papá Noel cos nenos e nenas dos cursos de infantil do CPI A Cañiza
Este 20 de decembro o Aula CeMIT da Casa de Cultura acolleu unha nova videoconferencia de Papá Noel c@s alumn@s máis pequen@s do CPI da Cañiza de 4º, 5º e 6º de infantil.
Un encontro entre Laponia ( Finlandia - Círculo Polar Ártico) e A Cañiza na que os pequenos puideron comunicarse con Papá Noel, facéndolles todo tipo de preguntas e escoitando as cariñosas recomendacións para este Nadal.
Pola súa banda, Papá Noel lles volveu a relatar aos nenos a súa Misión na Vida: mellorar o benestar dos pequenos e a bondade dos adultos, ademáis de difundir unha mensaxe de amor e boa vontade do Espíritu Navideño en todo o Mundo.
A videoconferencia rematou cun saúdo para tod@s @s nen@s e unha grande felicitación de Nadal.