CAMBIOS NA RECEPCIÓN DA TDT NA CANIZA
Se deixaches de recibir algunha canle ou tes problemas coa recepción do sinal da televisión, é posible que necesites resintonizar o teu televisor para actualizar a lista de canles e seguir desfrutando da programación habitual.
Se tes dificultades para realizar a resintonización, experimentas problemas coa recepción ou desexas máis información, podes chamar á Oficina da Televisión Dixital en Galicia no teléfono 881 866 388.
Tamén podes consultar información en www.tdtgalicia.gal.
Por qué se producen estes cambios?
Segundo a oficina da TDT en Galicia, durante o último mes realizáronse actuacións no centro de extensión de cobertura da TDT de Santiago de Parada, no marco da primeira fase do proceso de evolución tecnolóxica da Televisión Dixital Terrestre.
Estas modificacións afectan ás frecuencias de emisión e supoñen unha reorganización das canles de televisión.
En concreto, apágase a frecuencia do múltiple RGE2, que emitía na canle 31 (La 1 UHD, Clan e DKiss), e incorpórase o múltiple MPE4 na canle 45 (Boing, Energy, Mega e Trece TV).
Qué canles se reciben a través do Centro de Santiago de Parada?
A distribución dos servizos de televisión queda organizada do seguinte xeito:
-
Canle 24 (RGE1): TVE1, TVE2, 24h, Clan e Teledeporte.
-
Canle 37 (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2 e TVG UHD.
-
Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova e A3Series.
-
Canle 43 (MPE3): Telecinco, Cuatro, FDF, Divinity e BeMad.
-
Canle 45 (MPE4): Boing, Energy, Mega e Trece TV.
-
Canle 46 (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, DMAX e Veo7.
A que zonas da Caniza afectan estes cambios?
Segundo os cálculos de cobertura da Oficina Técnica, as entidades de poboación que teñen o centro de Santiago de Parada como principal referencia para a recepción do sinal da TDT pertencen ás parroquias de:
-
As Achas.
-
Luneda.
-
Oroso.
-
Parada das Achas.
-
Petán.
-
Valeixe.
Entre os lugares incluídos atópanse:
O Cerdeiredo, A Abelleira, Os Blancos, O Carballo, O Carnal, A Carreira, A Casavella, A Costa, O Cotiño, O Coto do Muíño, Éichegas, Fraguas, O Lagarto, O Pereiro, O Quinteiro, A Revoltiña, Ribadil de Arriba, O Arendo, O Barreiro, O Cabo, As Portaleiras, Sotorraña, As Touciñas, O Touzal do Barreiro, O Carballal, Gundián, Moncelos, A Surreira, A Ucha, O Candán, A Espedregada e O Foxo.
Recorda que para calquera aclaración ou axuda, podes chamar ao 881 866 388!.