A Cañiza celebra a festividade da súa Patroa, Santa Teresa de Jesús.

  • Este 15 de outubro, A Cañiza celebrará a festividade da súa Patroa, Santa Teresa de Jesús, cunha Misa Solemne ás 12:00 horas no Templo Parroquial, oficiada polo seu párroco Don Miguel Ángel Castro Quinteiro, quen se despedirá da súa labor pastoral no municipio con este oficio litúrxico, logo de 19 anos de servizo e entrega á comunidade parroquial.
  • Ao rematar a misa, e se o tempo o permite, terá lugar a tradicional procesión en honra da Santa polas rúas da vila.

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, quixo aproveitar esta data tan significativa para felicitar a todos os cañicenses no día da súa Patroa, recordando un pouco da historia que nos une coa Santa abulense.

“A devoción dos veciños e veciñas da Cañiza por Santa Teresa de Xesús remóntase máis de dous séculos atrás. O 25 de febreiro de 1815, o Bispo de Tui, D. Juan García Benito, decretou a creación da Parroquia da Cañiza, designando a Santa como Titular e Patroa. Desde entón, a súa figura está estreitamente vencellada á historia e á identidade relixiosa da localidade.

O actual Templo Parroquial, cuxas obras comezaron en 1856 e remataron no ano 1902 co campanario realizado polo mestre canteiro D. Xosé Martínez Cabrita, celebrou en 2002 o centenario da súa construción, conmemoración que incluíu a peregrinación da imaxe da Santa ao Santuario de Nosa Señora da Franqueira.”

Esta Igrexa Parroquial custodia ademais dúas reliquias de Santa Teresa, traídas o 12 de xaneiro de 1979 desde o Convento de San José de Ávila por D. Manuel Salcidos González, párroco da Cañiza naquel entón:

  •  Un anaco de madeira do tronco que a Santa utilizaba como almofada.
  • Un pedazo da tea da exhumación do seu corpo no Convento de Alba de Tormes, onde faleceu.

Como anécdota histórica, o 10 de xuño de 1963 a vila recibiu a visita da reliquia do Santo Brazo de Santa Teresa, un acontecemento recollido no Libro de Actas da Comisión Municipal Permanente do Concello da Cañiza.

Continuando coa súa historia, no ano 2014, con motivo da declaración polo Papa Francisco do Ano Xubilar de Santa Teresa de Xesús en España, o Bispo da Diocese de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza, concedeu ao Templo Parroquial da Cañiza o título de Templo Xubilar, un recoñecemento que destacou a importancia histórica e espiritual desta parroquia dentro da diocese.

Neste 2025 a festividade terá un carácter especialmente emotivo, xa que marcará a despedida pastoral de D. Miguel Ángel Castro Quinteiro.

O pasado luns 13 de outubro, o Alcalde da Cañiza organizou un acto de homenaxe en recoñecemento ao seu labor e á súa dedicación á comunidade ao longo destes anos. Unha labor que a partires do 19 de outubro asumirá o párroco Don José Manuel Pereira Vidal.

Felicidades a todos no Día da Patrona.

A Cañiza celebra a festividade da súa Patroa, Santa Teresa de Jesús.

 

A Cañiza celebra a festividade da súa Patroa, Santa Teresa de Jesús.

 

A Cañiza celebra a festividade da súa Patroa, Santa Teresa de Jesús.