A Cañiza contará con puntos de carga para vehículos eléctricos en 3 localizacións diferentes

Ao lado do PAVILLÓN CARBALLO DO MARCO, no espazo da zona do REGUEIRO e xunto ás instalacións da CASA DA CULTURA.

UN IMPORTANTE AVANCE PARA CONSEGUIR AS REDUCCIÓNS DE EMISIÓNS DE CO2, E ACADAR OS OBXECTIVOS ADQUIRIDOS NO PACTO DE ALCALDES POLO CLIMA E A ENERXÍA.

A Cañiza contará nos próximos meses con puntos de carga para vehículos eléctricos, un novo servizo á cidadanía no que o Concello presta o uso privativo durante 10 anos de espazos públicos á empresa Acciona Recarga SL (anteriormente denominada Cargacoches SL) para o uso, mantemento  e explotación de 4 cargadores eléctricos neses bens de titularidade municipal.

O 27 de outubro de 2021 mediante unha resolución da alcaldía deu inicio o procedemento para adxudicar o uso dos  bens de espazo público para a instalación de 4 puntos de recarga de vehículos eléctricos - cada punto pode cargar 2 vehículos simultaneamente-.

  • 2 puntos de recarga (4 prazas) de 50 kW na rúa Regueiro 13B
  • 1 punto de recarga (2 prazas) de 22 kW na rúa Progreso 104 ( Casa da cultura)
  • 1 punto de recarga (2 prazas) de 22 kW na rúa Carballo do Marco s/n (pavillón de deportes)

O procedemento contou co correspondente prego de cláusulas administrativas que foi publicado durante 30 días no boletín oficial e posteriormente no perfil do contratante con toda a documentación necesaria. Finalmente produciuse a adxudicación mediante o decreto da alcaldía do 14 de xuño de  2022 á empresa Acciona Recarga SL. que foi a que presentou a mellor oferta económica.

  • 2.500 €/ano durante os 3 primeiros anos
  • 12 % de facturación cun mínimo de 1.937,40 €/ano a partir do 3º ano.

Con este procedemento a empresa adxudicataria comprométese a utilizar os espazos adxudicados exclusivamente para os fins recollidos nos pregos, así como a solicitar e tramitar as licencias e permisos necesarios para executar as obras que permitan por en funcionamento o servizo.

OS NOVOS PUNTOS DE RECARGA CUMPREN COS OBXECTIVOS DE REDUCCIÓN DO IMPACTO NO MEDIO AMBIENTE E PRESTAN UN SERVIZO NECESARIO Á CIDADANÍA.

Un dos compromisos da Alcaldía de Luís Piña é cumprir co Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía para a reducción de CO2 , e esta adxudicación é un paso máis. Ademáis permitirá ofrecer aos veciños e posibles turistas que o precisen un servizo máis, sen supor isto ningún coste para o Concello, ao contrario o Concello recibirá unha compensación económica polo uso destes espazos públicos.

Neste momento o punto da rúa Carballo do Marco atópase xa instalado, pero entrará en funcionamento cando teñan todos os puntos preparados. Os outros 2 puntos atópanse na fase de instalación, na que a empresa solicitou os permisos e está pendente deles para poder realizar as obras necesarias.