A Cañiza e Covelo poñen en marcha o Programa CLARA para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

Os Alcaldes da Cañiza, Luis Piña, e de Covelo, Pablo Castillo, presentaron esta mañá o Programa CLARA, unha iniciativa conxunta dos dous concellos dirixida a promover a igualdade e previr a violencia de xénero mediante un servizo municipal integral e compartido.

O programa contará cun equipo multidisciplinar de profesionais nas áreas de dereito, psicoloxía, terapias e igualdade. Desenvolverase intensamente durante os meses de agosto e setembro, e inclúe actividades de atención psicolóxica e xurídica, orientación laboral, saúde e benestar, así como accións de sensibilización en igualdade.

O Programa CLARA está financiado cunha axuda de 20.559,96 € concedida pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. O Programa foi adxudicado á empresa RED TALENTO CONSULTORAS SL, con ampla experiencia en proxectos similares en 17 municipios galegos.

ATENCIÓN XURÍDICA E PSICOLÓXICA GRATUITA

O servizo estará dispoñible todos os xoves en horario de 9:00 a 15:00 horas, con cita previa.

  • A Cañiza: Edificio Multiusos, 1º andar
  •  Covelo: Centro de Maceira
  • Teléfonos e WhatsApp para cita: 606 118 853 / 687 227 495
  • Está dirixido a mulleres e persoas que dependan delas, con garantías de privacidade e gratuidad.
Servizo de atención psicolóxica:
  • Estrés, ansiedade, autocoidado, orientación familiar
  • Apoio emocional e saúde mental
Servizo de atención xurídica:
  • Asesoramento en temas penais, civís ou administrativos
  • Mediación e resolución de conflitos
  • Apoio en casos de violencia de xénero, acoso, discapacidade, nacionalidade, extranxeiría, etc.
  • Novidade: Realización de CV por competencias con IA, atención individual e traballo grupal posterior

ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN

Ao longo de agosto e setembro, desenvolveranse múltiples actividades, entre elas:

Saúde e Benestar:
  • Charla inaugural sobre “Saúde mental e emocional. Escoitar, entender, sanar”
  • Mindfulness e autocoidado
  • Movemento psicosomático, biodanza e chi kung
  • Alimentación antiinflamatoria e centrada na menopausia
  • Alimentación sanadora
Formación en igualdade:
  • Curso “300 anos de Feminismo”, perspectiva histórica e filosófica
  • Debate: “Turbulencias do feminismo”: ventres de aluguer, trata, prostitución
  • "Un café con Clara": debate sobre moda e liberación femenina
Tecnoloxía e empregabilidade:
  • Curso básico de Intelixencia Artificial:“IA e Algoritmos: quen toma as decisións?”
    Inclúe prácticas con IA xerativa (ChatGPT, Copilot, Gemini…)
  • Orientación laboral con IA:
    • Realización de CV
    • Análise de nichos de emprego
    • Simulación de entrevistas
    • Plans de negocio con IA
  • Curso de Violencia de xénero (8 horas) con diploma de asistencia
Actividades STEM:
  • "Voando Xuntas", actividade con drons dirixida a promover as carreiras tecnolóxicas entre as nenas.

PROTOCOLOS CONTRA O ACOSO NOS CLUBES DEPORTIVOS

Na última semana de agosto ou primeira de setembro, convocarase unha xuntanza cos directivos/as dos clubes deportivos co obxectivo de crear un grupo de traballo para a elaboración dos Protocolos contra o Acoso.

Para máis información, citas ou participación nas actividades, poden contactar a través dos teléfonos facilitados.