A Cañiza participará na Copa 5x5 de Balonmán na Rúa “Deputación de Pontevedra”, organizada polo organismo provincial en colaboración coa Federación Galega de Balonmán

  • O Alcalde Luis Piña participou o pasado 4 de setembro na presentación oficial da Copa que tivo lugar en Vigo, no Paseo das Avenidas, fronte ao Tinglado do Porto. A este acto tamén asistiu o Presidente do C.B. Cañiza, Marcos Estévez.
  • Copa 5×5 celebrarase en catro sedes : Vigo, Redondela, A Cañiza e A Estrada.

A Cañiza será o terceiro escenario da “Copa 5x5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra”, que se celebrará do 26 ao 28 de setembro na Praza Maior. Esta competición ofrece unha oportunidade única para que os máis novos practiquen balonmán de forma lúdica e accesible, sen necesidade de equipamento especializado e en pleno espazo público.

A cita, que forma parte dun proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, busca fomentar a práctica deste deporte desde as categorías base, promovendo a actividade física entre os máis pequenos e dando visibilidade ao traballo dos clubs da provincia. A participación será totalmente de balde, e todos os inscritos recibirán unha camiseta e un pantalón da marca hummel, garantíndose así a inclusión e accesibilidade á competición.

O Alcalde, Luis Piña, subliñou o compromiso do municipio co balonmán, destacando que “A Cañiza leva moitos anos apostando fortemente polo balonmán. Os nosos equipos levan alcanzado grandes éxitos nas últimas décadas, e mesmo conseguimos importantes premios que demostran a calidade e esforzo dos nosos xogadores e adestradores. Este compromiso co balonmán non só se reflicte nas victorias, senón tamén na promoción do deporte desde as idades máis temperás”.

“Para nós, é un privilexio albergar esta cita deportiva, e estou convencido de que esta Copa 5x5 será unha nova oportunidade para que moitos rapaces e rapazas se acheguen ao balonmán e continúen o camiño que moitos xa iniciaron".

A Copa 5x5, que está dirixida a nenos e nenas nados entre 2014 e 2018 nas categorías benxamín e alevín, continuará o seu percorrido nas seguintes sedes:
  • Vigo (Tinglado do Porto): do 5 ao 11 de setembro.
  • Redondela (Pista da Xunqueira): do 12 ao 14 de setembro.
  • A Cañiza (Praza Maior): do 26 ao 28 de setembro.
  • A Estrada (Praza do Concello): do 10 ao 12 de outubro.

 

A Cañiza participa na Copa 5x5 de Balonmán na Rúa “Deputación de Pontevedra” organizada polo organismo provincial en colaboración coa Federación Galega de Balonmán

 

A Cañiza participa na Copa 5x5 de Balonmán na Rúa “Deputación de Pontevedra” organizada polo organismo provincial en colaboración coa Federación Galega de Balonmán

 

A Cañiza participa na Copa 5x5 de Balonmán na Rúa “Deputación de Pontevedra” organizada polo organismo provincial en colaboración coa Federación Galega de Balonmán