A Cañiza tivo a honra de acoller na súa Casa Consistorial á neta do poeta galego Ramón Cabanillas, Pitusa Cabanillas, e ao lingüista xaponés Takekazu Asaka, profesor de filoloxía románica na Universidade de Tokio.

  • No acto celebrado o pasado 3 de agosto, con motivo da presentación da traducción ao xaponés polo profesor Takekazu Asaka do libro de Ramón Cabanillas «As Romaxes da Franqueira».
  • Unha xornada literaria organizada e presentada pola xornalista Carme Lourido, na que tamén participou  o académico da RAG  Paco Fernández Rei.
  • Antes do comezo da presentación, tiveron a ocasión de visitar o Santuario de Santa María da Franqueira en compañía do seu párroco Xavier Alonso, lugar de inspiración de Cabanillas para escribir este libro de poemas.
  • O acto rematou coa intervención e agradecementos do Alcalde Luis Piña a todos os presentes por ter escollido A Cañiza para esta presentación e coa sinatura de Pitusa Cabanillas, Takekazu Asaka, Paco Rei e Carme Lourido no Libro de Honra do Concello.

 

O Salón de Plenos da Cañiza  acolleu o pasado 3 de agosto un dos actos literarios máis importantes dos últimos anos. A presentación da traducción ao xaponés do libro do poeta galego Ramón Cabanillas “As Romaxes da Franqueira”, quen recuperou un peculiar romance que recreaba, en verso, a loita dialéctica entre un príncipe mouro e un devoto cristiá. Esta loita verbal forma parte dunha das lendas da Virxe e da representación teatral que todos os 8 de setembro se escenifica na romaxe de verán da Franqueira

Esta xoia literaria foi traducida polo profesor xaponés de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku, de Tokio, Takekazu Asaka, autor tamén de outras traduccións de referentes escritores galegos como Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra. Ademáis foi quen de publicar a primeira gramática de galego en xaponés.

No caso das “Romaxes da Franqueira” e grazas á colaboración da xornalista Carme Lourido, A Cañiza foi elexida para esta presentación á que tamén asistiu a neta do poeta galego, Pitusa Cabanillas, quen fixo unha intervención intimista e chea de sentimentalismo.

Ás 20h Carme Lourido, vinculada por lazos familiares á Cañiza, abriu o acto dando a palabra ao académico da RAG Paco Rei quen disertou sobre a obra e a vida dun dos nosos máis grandes escritores galegos.

Tras intervir Pitusa Cabanillas, comezou a ponencia do lingüista xaponés Takekazu Asaka, profesor de español e galego na Universidade de Tokio, quen fixo parte da súa exposición en galego, declarándose un namorado da nosa terra  e dando conta do profundo coñecemento que ten dos escritores e da literatura galega.

O acto rematou coa intervención do Alcalde Luis Piña quen despois de agradecer a todos os presentes a vontade de organizar este acto literario tan especial na Cañiza, convidounos a asinar no Libro de Ouro do Concello, quedando así unha pegada desta ilustre visita.

 

A Cañiza tivo a honra de acoller na súa Casa Consistorial á neta do poeta galego Ramón Cabanillas, Pitusa Cabanillas, e ao lingüista xaponés Takekazu Asaka, profesor  de filoloxía románica na Universidade de Tokio.