A Cañiza xa ten operativa a Brigada de Prevención e Defensa contra incendios forestais para a campaña 2022

  • A BRIGADA, INTEGRADA POR 4 PROFESIONAIS, ESTÁRÁ ACTIVA ATA O 30 DE OUTUBRO
  • TRABALLARÁ DURANTE TRES MESES CONXUNTAMENTE CO DISPOSITIVO DE EMERXENCIAS DO DISTRITO FORESTAL XVII PONTEAREAS.

 

Así o anunciou o Alcalde Luis Piña, despois de manter unha reunión informativa con todos eles.

 Os brigadistas desenvolverán fundamentalmente labores de prevención, executarán rozas, rareo e eliminarán restos en vías e camiños forestais, áreas cortalumes, faixas de xestión da biomasa do Concello ou en superficies sobre as cales o Concello ten cesión de aproveitamento, uso ou desfrute dacordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tamén traballará en superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición, sempre e cando non sexa posible a mecanización das actuacións.

Ademáis, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, a Xunta de Galicia poderá decidir a mobilización destes medios fóra do noso termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA,  Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.