Clausuramos o curso de "INTELIXENCIA ARTIFICIAL. Nivel Básico".
O Alcalde Luis Piña entregou as acreditacións de asistencia e felicitou aos alumnos e alumnas pola vontade e esforzo demostrado para mellorar as habilidades e capacidades persoais e tamén agradeceu o traballo da empresa formadora e do cadro de profesores pola labor desenvolvida neste último mes.
O pasado 28 de marzo rematou esta formación que comezou o martes 11, no Aula Cemit da Casa de Cultura.
Un curso de 36 horas, gratuíto impartido os martes, xoves e venres de 16 a 20h, no que os alumnos aprenderon a utilizar as ferramentas de IA como "Gemini" para mellorar a súa produtividade, crear peticións efectivas para obter resultados máis óptimos das ferramentas de IA e aplicar os coñecementos en intelixencia ás diferentes áreas privadas e profesionais de cada un.
Noraboa a todos!