Concentración en solidariedade co pobo Ucraíno
Hoxe, 9 de marzo de 2022, ás 12h00, concentración silenciosa de 5 minutos fronte ás portas do Concello.
Os Gobernos Locais trasladamos o noso apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucrania.
Desde o Concello da Cañiza sumámonos á inicitiva da Femp na que se convida a convocar para hoxe mércores, día 9 de marzo, ás 12:00 horas, un acto en solidaridade co pobo ucraíno consistente nunha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas do Concello.