Continúa aberto o prazo para obter o graduado en ESO
Podes matricularte nas probas libres de maio e setembro se tes 18 anos.
Prazo de inscrición: do 7 de marzo ao 17 de marzo.
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36311
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIPCIÓN NAS PROBAS LIBRES DA ESO.
PRAZO INSCRIPCION: Ata 17/03/2022
As persoas matriculadas na 1ª convocatoria se non superan a totalidade dos ámbitos considéranse matriculadas para a 2ª convocatoria.
CANDO: 1ª convocatoria: 20/05/2022 2ª convocatoria: 02/09/2022
LUGARES DAS PROBAS:
Vigo:
- Apelido entra A e L: EPA Berbés. Rúa Marqués de Valterra, 8 – 1º 36202 Vigo.
- Apelido entre M e Z: IES Santa Irene. Praza de Améria, 7, 36211 Vigo.
O Porriño:
- IES Ribeira do Louro. Rúa Ribeira, s/n (Torneiros) 36410 O Porriño.
Ourense:
- EPA de Ourense. Rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
REQUISITOS:
- Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren nin ter estado matriculados no curso 2021/22 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- Alumnado matriculado durante o curso 2021/22 na ESO: poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuatrimestre.
- Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuatrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.