Continuamos coa programación do Verán de Lecer, esta noite con CINE PARA TODA A FAMILIA coa proxección da película «Operación Camarón»

Cambiamos de ubicación polo mal tempo e trasladamos a sesión cinematográfica ao Auditorio.

Hoxe 16 de agosto, ás 22.15h.

Xénero Comedia | Remake

Sinopse

Descoñecido no mundo do hampa, con aspecto de pringado e dotes de concertista clásico, Sebas, un policía novato, é perfecto para unha perigosa misión: infiltrarse como teclista en 'Os Lolos', unha banda charramangueira de flamenco-trap que vai tocar na voda da filla dun traficante local... Remake do filme italiano "Song 'e Napule" (2013).