Crise conflicto bélico en Ucrania. Axudas solidarias

O Alcalde informa sobre as pautas a seguir coas doazóns para os refuxiados ucraínos e as ofertas de vivenda por particulares para acollementos

 

  • A FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) trasladou ao Concello varias circulares nas que se difunden RECOMENDACIÓNS PARA AXUDAR Á POBOACIÓN UCRAÍNA DE FORMA EFICAZ, DESACONSELLANDO AS DOAZÓNS EN ESPECIE, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituir unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.
  • Pola contra informa das solicitudes das organizacións e organismos internacionais humanitarios de AXUDA a través de APORTACIÓNS ECONÓMICAS seguras.
  • Por outra banda a FEGAMP tamén informa da necesidade  prioritaria de coñecer os recursos habitacionais cos que se conta nas entidades Locais galegas para os posibles acollementos de desprazados ucraínos. O Concello recollerá as ofertas de vivenda dos nosos veciños e trasladará esta listaxe á Federación coa máxima celeridade.
  • Ademáis o Concello facilitará a todas as persoas interesadas a consulta de información relacionada coa regularización dos refuxiados durante a estadía no noso País e as pautas para a coordinación na recepción dos desprazados de Ucraína.

 

AS ORGANIZACIÓNS HUMANITARIAS DESACONSELLAN A DOAZON EN ESPECIES

Na actual crise provocada polo conflicto bélico en Ucraína, unha vez máis as mostras de solidaridade da nosa veciñanza son constantes coa achega de doazóns en especie material. Pero segundo comunica a FEGAMP, ALÉRTASE de que estes bens materiais doados poden resultar non adecuados ás necesidades da poboación e da situación humanitaria e loxística no terreo.

Os bens doados de xeito particular están a supor custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución…) para as institucións que as xestionan. Ademáis a doazón dalgúns produtos como os medicamentos está sometida a estritos protocolos que restrinxen as doazóns dos particulares.

Por todo isto e considerando que os problemas desta crise humanitaria manteranse ao longo do tempo e as axudas serán necesarias máis alá destes días, como por exemplo, na etapa de reconstrucción, agradecendo os xestos da poboación coa doazón dos alimentos, RECOMÉNDASE que todas aquelas persoas que desexen colaborar solidarizándose co pobo de Ucrania o fagan a través dos organismos humanitarios especializados que traballan na zona, mediante DOAZÓNS ECONÓMICAS.

 

RECOMÉNDASE A DOAZÓN A TRAVÉS DE APORTACIÓNS ECONÓMICAS SEGURAS

A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo:

· Comunicado de la Coordinadora española de ONGD:

https://coordinadoraongd.org/2022/03/como-apoyar-a-las-ongd-espanolas-en-ucrania/     

·  Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja:

https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania

·  OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas). Contribución a través del Fondo Humanitario para Ucrania:

https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf

·  ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados):

https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?UTM_source=abtasty&utm_medium=bubble