Recuperamos algunhas das imaxes dos campionatos deportivos celebrados neste mes de agosto e queremos destacar a celebración do Trofeo de Fútbol de Veteranos, que tivo lugar os pasados 2 e 3 de agosto no Campo de Fútbol Augas Férreas.
Nesta edición participaron os clubs de veteranos de A Cañiza, Valeixe, Randufe e Arbo. As semifinais disputáronse o día 2 e a gran final o día 3, resultando gañador o equipo de Valeixe, ao que felicitamos especialmente.
O alcalde, Luis Piña, trasladou a súa noraboa a todos os participantes e ao equipo campión, ademais de agradecer ao Club de Veteranos A Cañiza a súa colaboración na organización do evento.
O Concello contribuíu aportando os trofeos e os árbitros para o correcto desenvolvemento da competición.

