David Regades e Luis Piña visitaron esta mañá as obras de construcción das pistas de skatepark e pumptrack da Cañiza
O Alcalde anunciou que A Cañiza xa ten unha proba calendada e aprobada pola Federación Galega de Ciclismo para este 16 de xullo, na especialidade de BTT Pump Track.
Será a I PUMPTRACK A CAÑIZA.
O Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades acompañou esta mañá ao Alcalde na visita ás obras, para ver de primeira man a evolución da construcción das pistas.
Adxudicada á empresa PRACE SERVICIOS Y OBRAS SA, o proxecto estivo redactado pola empresa GEOURBAN INGENIERÍA AMBIENTAL Y URBANISMO S.L. e está dirixida por Alex Durán, deseñador e técnico da empresa viguesa CROMOLY S.L, quen xa describiu o novo parque como “O MAIS COMPLETO DE GALICIA» por toda a variedade de pistas que ofrece: Bowl, Pumptrack e Street.
As obras se están desenvolvendo na contorna do edificio da actual Escola de Música, na rúa Silleda, nunha superficie total de 3.305 m2, dividida en zona verde (con 744 m2), zona de skatepark (1.820 m2), zona de pumptrack (715 m2) e por último una pequena zona de acceso de 26 m2.
O orzamento das novas instalacións deportivas ascende a un total de 324.267,22€, subvencionadas pola Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos da Deputación con 289.991,08€.
Este novo espazo deportivo responde a un deseño seguro, ao aire libre, seguindo a política do Equipo de Goberno de mellorar as instalacións públicas, apostar por novas disciplinas deportivas, como é o caso do Skatepark e do Pumptrack e ademáis aproveitar este novo recurso para xerar un atraente turístico máis dentro da Comarca.
A CAÑIZA ACOLLERÁ O 16 DE XULLO A I EDICIÓN PUMPTRACK A CAÑIZA, aprobada pola Federación Galega de Ciclismo.
Unha nova disciplina deportiva que se converterá tamén en reclamo, para uso de tod@s @s veciñ@s e visitantes que decidan apostar por A Cañiza como destino turístico.
Os trazados das pistas de skatepark e do pumptrack buscan a integración de todos os usuarios segundo a idade, modalidade e experiencia.
Incluirá elementos innovadores de tal modo que unha persoa menos experimentada poida acadar unha evolución superando diversas etapas dunha forma segura.
Galería multimedia