A Deputación aposta polas enerxías sostibles e subvenciona ao Concello da Cañiza con 268.443,46 € para a instalación de xeotermia e estufas de pellets

  • 211.940,12€ para a substitución da caldeira de gasoil da Casa do Concello por sistema de xeotermia e cambio de todos os radiadores do Edificio. Esta actuación ten un investimento total de 227.892,61€ e está financiada ao 85% polo IDAE con 193.708,71€. Pola Deputación de Pontevedra con 18.231,41€, que supón o 8% e o Concello terá que aportar o restante 7% que ascende a 15.952,49€.
  • E 56.503,34 € para substituír os radiadores eléctricos e bombas de calor por novas estufas de pellets en 15 instalacións municipais (centros culturais e salas de velacións). Este investimento ten un coste total de 62.781,53€ e unha subvención do IDAE do 80% cunha axuda de 50.225,16€ e de 6.278,18€ da Deputación que supón o 10% do total. O Concello xa aportou o restante 10% que ascende a 6.278,19€.
  • Dous proxectos financiados polo Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa DUS 5000 e a Deputación de Pontevedra que ademáis tramita  directamente ante o IDAE as dúas axudas.

 

SUBSTITUCIÓN DA CALDEIRA DE GAS-OIL E RADIADORES DA CASA CONSISTORIAL POR XEOTERMIA.

O Concello asinará en breve un Convenio de Colaboración coa Deputación Provincial para a execución desta actuación que dirixirá, xestionará e tramitará directamente a administración provincial.

Enmarcado no programa “Instalacións xeotérmicas sostibles II”, contempla a instalación para o uso térmico da enerxía xeotérmica na Casa Consistorial, ao abeiro do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Programa DUS 5000).

Permitirá substituir a actual caldeira de gasóleo C, por un sistema de aproveitamento da enerxía xeotérmica en circuíto vertical de lazo pechado, empregando unha bomba de calor de última xeración. Ademais, cambiaranse todos os radiadores do edificio por modernos ventilo convectores.

 

CAMBIO DOS RADIADORES ELÉCTRICOS POR ESTUFAS DE PELLETS EN 15 EDIFICIOS

Esta actuación, adxudicada pola Deputación á empresa GRUPO DILA, permitirá substituir a calefacción eléctrica por estufas de biomasa de pelets cunha potencia nominal total de 168 KW nas seguintes edificacións municipais:

Centro Cultural do Cebreiro (A Franqueira), Centro Cultural do Couto (planta superior), Tanatorio do Couto, Consultorio Médico de Valeixe, Biblioteca de Valeixe, Casa da Irmandade de Valeixe, Tanatorio de Valeixe, Tanatorio de Luneda, Centro Cultural de Luneda, Tanatorio de Petán, Tanatorio de Deva, Antiguo Colexio de O Feirón, Antiguo Colexio de Petán, Casa de Cultura da Cañiza (cafetería) e Centro cultural o Pateiro de Oroso. 15 en total.

A empresa comezará a semana que ven a planificación e visita a todas as edificacións para instalar as estufas.